InicioSociedadeO Concello pide que se manteña en Vigo o Instituto Social das...

O Concello pide que se manteña en Vigo o Instituto Social das Forzas Armadas

O Concello de Vigo demandará ao Ministerio de Defensa que manteña a sede do Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas) na cidade, despois de que se coñeceu que os exmilitares da zona pasarán a depender do centro de Pontevedra.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo demandará ao Ministerio de Defensa que manteña a sede do Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas) na cidade, despois de que se coñecera que os exmilitares da zona pasarán a depender do centro de Pontevedra.

Nunha rolda de prensa que tivo lugar este venres en Vigo, Abel Caballero defendeu a importancia de manter as instalacións do Isfas na cidade para atender aos 4.000 exmilitares retirados que residen na zona.

En concreto, o Isfas é unha entidade dependente do Ministerio de Defensa que se encarga da xestión do Réxime Especial da Seguridade Social das Forzas Armadas e da Garda Civil.

Deste xeito, o rexedor vigués reiterou que, a pesar de que o número de persoas que dependen do centro de Pontevedra é maior, a cantidade de extraballadores que residen en Vigo e a súa contorna “xustifican” o mantemiento da sede da cidade. Por iso, lamentou que, se o Ministerio de Defensa non revoga a súa decisión, “4.000 persoas deberán ser atendidas desde Pontevedra”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...