Feijóo e Casado xuntos en Vigo para falar da “unidade de España”

Foro sobre a Unidade de España no que falarán Feijóo, Elena Muñoz e Pablo Casado

Os líderes nacional e galego do PP, Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo, serán os protagonistas dunha nova cita de #forosvigo, que organiza o partido na cidade olívica, e falarán sobre unha cuestión “que preocupa aos vigueses e aos españois”, como é “a unidade de España“.

Este é o segundo encontro desa iniciativa impulsada polos populares vigueses, coñecida como #forosVigo, e que se inaugurou o pasado 30 de xaneiro, coa charla ofrecida por Adolfo Suárez Illana sobre os 40 anos da Constitución.

Segundo sinalou a líder do PP en Vigo, Elena Muñoz, este encontro (que terá lugar este xoves ás 18,45 horas na sede do Real Club Celta en Príncipe) versará sobre unha cuestión que “preocupa” aos españois, “como se viu na manifestación do domingo en Madrid”.