InicioSucesosDeteñen a un veciño de Beade que se adicaba a vender cocaína

Deteñen a un veciño de Beade que se adicaba a vender cocaína

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por venda de drogas.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por venda de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse hai uns días por mor das denuncias cidadás pola constante trasfega de toxicomános. A Policía despregou un dispositivo de vixilancia e puido constatar eses feitos, así como a presenza dun sospeitoso con quen se citaban os compradores. Este sospeitoso quedaba cos seus ‘clientes’ en diversos puntos predeterminados, e adoptaba medidas para evitar ser detectado.

Este martes foi abordado por axentes da Policía cando se dispuña a realizar novas vendas. No cacheo superficial, os axentes atopáronlle oculta entre a roupa “unha importante cantidade de cocaína” e diñeiro en efectivo.

O home foi detido e trasladado a comisaría, onde se comprobou que non ten antecedentes policiais. O arrestado e os efectos intervidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 5.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...