InicioEconomíaEstas son as zonas máis caras de Vigo coa rúa Príncipe liderando...

Estas son as zonas máis caras de Vigo coa rúa Príncipe liderando o top ten

Ten o alugueiro medio de locais comerciais máis caro, cun prezo de 42 euros/m2.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A rúa Príncipe de Vigo é a zona de aluguer de locais comerciais máis cara de Galicia, cun prezo medio de 42 euros por metro cadrado, segundo un balance da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) sobre arrendamentos de locais comerciais en Galicia en 2019.

Ademais de Príncipe, o ranquing das máis caras completase coa Rúa Velázquez, con 22 euros e o Centro-Areal cun prezo de 14 euros.

O estudo, ademais de facer referencia á Galicia urbana que se desenvolve “dunha forma positiva” en Vigo, A Coruña e Santiago, tamén valora unha segunda liña de desenvolvemento que ten lugar nas áreas de influencia das cidades de Ourense, Lugo e Pontevedra. Mentres, a área de Ferrol e decenas de concellos galegos de interior de menos de 5.000 habitantes atópanse “estancados”.

Estas últimas zonas contan cun mínimo básico de actividades económicas e unha demanda de locais “practicamente inexistente” a pesar de contar con prezos reducidos en comparación coas grandes cidades galegas.

PREZO MEDIO DE ALUGUER POR PROVINCIAS

En canto a cifras, a provincia da Coruña conta co prezo medio de aluguer de locais comerciais máis alto de Galicia, con 7,90 euros por metro cadrado. Séguena Pontevedra, con 7,10 euros; Ourense, con 5,90 euros; e Lugo, cun prezo medio por metro cadrado de 5,50 euros.

Das sete cidades principais da Comunidade, Santiago encabeza o ranking cun prezo medio de 9,80 euros por metro cadrado. A segunda cidade é A Coruña, con 9,00 euros; e logo Pontevedra e Vigo, con 8,50 euros de media por metro cadrado cada unha.

En canto ao número de locais comerciais en aluguer de comercialización no sete principais áreas de influencia de Galicia, é a de Vigo a que encabeza a lista con 1.200 locais. Despois está a área da Coruña, con 1.000 locais; Ourense, con 750; e Santiago de Compostela, con 320.

PREZOS POR ÁREAS

En canto a Vigo, a zona de aluguer de locais comerciais máis cara da cidade e de Galicia é a rúa Príncipe, con 42 euros de media por metro cadrado; a Rúa Velázquez, con 22 euros e o Centro-Areal cun prezo de 14 euros.

A área de Ourense sitúa a Santo Domingo, con 25 euros e Paseo, con 32 euros no primeiro posto. Séguenas as zonas do Centro con 11 euros e a Zona vella e As Lagoas cun prezo medio de 7,50 euros por metro cadrado.

A zona de Comesaña-Matamá é a que conta cun prezo medio máis alto da área de Vigo, con 9 euros por metro cadrado. Séguena Alcabre-Navia, con 7 euros e Coruxo-Oia-Saiáns e Teis, con 5 euros.

Na área da Coruña o maior prezo medio por metro cadrado correspóndelle ao Ensanche, con 14 euros. Séguenlle a Cidade Vella-Centro, con 13 euros; Catro Camiños-Praza da Cubela, cun prezo medio de 11 euros e Juan Florez, con 9 euros.

A área de Ferrol conta cun prezo medio por metro cadrado de 6 euros na zona de Ultramar e séguenlle Praza España e o Centro con 5 euros; Esteiro con 4,60 euros; e Caranza, con 4 euros.

No que se refire á área da capital galega, o prezo medio do aluguer por metro cadrado máis alto teno en Ensanche-Sar, con 15 euros. Posteriormente están o Centro histórico, con 13 euros e a zona do Campus Sur e Santa Marta, con 8 euros.

No caso de Lugo, o Recinto Amurallado posúe un prezo medio de aluguer de locais comerciais por metro cadrado de 14 euros. Continúan a zona de Carme-Fingoi, con 6 euros; e Catasol-Sanxillao e Sagrado Corazón, cun prezo de 5 euros.

Na área pontevedresa a zona máis cara para alugar un local é o Centro-Echegaray, que conta cun prezo medio por metro cadrado de 15 euros. As seguintes son a zona da Praza de Barcelos, cun prezo de 10 euros; a zona de Fernández Ladreda, de 7 euros e La Seca-Salgueiriños con 6 euros.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...