InicioSucesosUn vigués detido no desmantelado dun laboratorio de falsificación de documentos

Un vigués detido no desmantelado dun laboratorio de falsificación de documentos

A sede deste grupo de delincuentes estaba en Madrid onde había importante maquinaria de última xeración para as falsificacións.

PUBLICADO O

A Policía Nacional desmantelou en Madrid o maior laboratorio de falsificación documental que descubriu ata a data, coa detención de doce persoas en Madrid –seis–, Barcelona –catro–, Vigo –unha– e Eivissa –unha–, informou a Dirección Xeral da Policía nun comunicado.

A organización desarticulada contaba coa infraestrutura necesaria para levar a cabo todas as fases da falsificación, sen requirir de laboratorios complementarios, reflexo da profesionalidade dos falsificadores e da alta calidade dos documentos elaborados.

Principalmente falsificaban o Cartón de Residencia de Familiar Comunitario aínda que tamén se detectou a realización de pasaportes italianos e arxentinos, cartas de identidade francesas ou italianas, visados estadounidenses, carnés de conducir ou cartóns de residencia españolas –réxime xeral e comunitario–, cobrando ata 5.000 euros segundo o tipo de documento.

O laboratorio, localizado nun edificio de oficinas de Rivas Vaciamadrid, contaba con dous gravadores láser CNC, maquinaria para realizar cortes en material plástico en alta velocidade, seis impresoras de sublimación dixital para imprimir fondos de seguridade, dúas prensas de impresión tampográfica e termográfica, dous escáneres, seis impresoras láser, tres equipos informáticos de última xeración e uns 2000 cartóns en branco (PVC e PC), a maioría co chip incorporado, entre outros efectos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...