InicioEconomíaA Xunta anuncia un aumento de usuarios do Transporte Metropolitano de Vigo...

A Xunta anuncia un aumento de usuarios do Transporte Metropolitano de Vigo a pesar do “boicot” do concello

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acusa a Abel Caballero, de "impedir" ao Goberno galego subvencionar estes intercambios de transporte.

PUBLICADO O

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou o aumento do 6,5 por cento nos usuarios do Transporte Metropolitano na área de Vigo en 2018, que superaron os 3 millóns, a pesar de que o Concello da cidade olívica non forma parte do mesmo.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, o delegado territorial da Xunta detallou que, desde a posta en marcha desta iniciativa nesta área metropolitana, en abril de 2015, producíronse 10,5 millóns de desprazamentos.

No entanto, volveu a criticar que, debido á non inclusión do Concello no plan, os transbordos entre o transporte interurbano e o urbano non poidan ser bonificados pola Administración autonómica e supoñan “un custo de 89 céntimos” para os usuarios. Así, acusou ao alcalde, Abel Caballero, de “impedir” ao Goberno galego subvencionar estes intercambios de transporte.

Ademais, López-Chaves concretou que, en 2018, os billetes emitidos na zona de Vigo coa Tarxeta Nova –que permite que os menores de 19 anos realicen traxectos gratuítos dentro dunha área metropolitana– incrementáronse nun 3 por cento.

En canto aos desprazamentos mediante o transporte de ría, que conecta a cidade olívica cos municipios de Cangas do Morrazo e Moaña, pormenorizou que, no último ano, superaron o millón. Así mesmo, lembrou que os obxectivos desta iniciativa son mellorar a conexión interurbana, reducir a contaminación e potenciar a utilización do transporte público.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...