InicioSociedadeO Concello de Vigo negocia con outras compañías aéreas tras os problemas...

O Concello de Vigo negocia con outras compañías aéreas tras os problemas con Ryanair

Di que non subvencionará a esta compañía senón indica os destinos dos voos.

PUBLICADO O

O goberno municipal de Vigo advertiu á aerolínea Ryanair de que non transixirá nas condicións nas que ofertará as axudas aos voos, e rexeitou as pretensións desta empresa de poder optar a esas subvencións sen ter que concretar nin a orixe, nin o destino nin as frecuencias das conexións.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, quen lembrou que o goberno municipal está en pleno proceso de redacción do prego de condicións para a próxima convocatoria do concurso de promoción turística dirixido ás aerolíneas.

Segundo asegurou o rexedor, Ryanair manifestou que está a ter “serias dificultades” nas conexións que opera, e trasladou ao Concello a petición de que poida optar ao próximo concurso sen ter que concretar nin orixe nin destino dos voos, nin tampouco as frecuencias.

“A nosa formulación é completamente diferente. Non imos transixir, porque unha vez feito o contrato, poderían deixar de voar desde Vigo”, proclamou Abel Caballero, quen avanzou que xa está a negociar con outras compañías, ante a eventual retirada de Ryanair (que voa desde Peinador a Barcelona, Londres e Dublín).

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...