InicioSucesosQue facer co octoxenario raiacoches de Vigo?

Que facer co octoxenario raiacoches de Vigo?

A Policía Local de Vigo volveu identificalo tras danar novos vehículos.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo identificou, por sexta vez en menos dunha semana, ao veciño octoxenario que foi denunciado en reiteradas ocasións por raiar coches e danar as fechaduras de vehículos e portais introducindo escarvadentes de madeira.

Segundo informaron fontes do 092, na tarde deste xoves, unha dotación desprazouse á rúa Reiseñor, no barrio da Dobrada, alertada pola presenza deste home causando danos en vehículos estacionados.

Nesta ocasión, os axentes comprobaron que o ancián raiara dous coches, polo que se procedeu á súa identificación e á correspondente tramitación de denuncial xudicial.

Este home conta con máis dunha ducia de antecedentes policiais por feitos como estes e, segundo palabras da propia Policía, ten ao barrio “atemorizado”. Así, consta como autor de desfeitas en centenares de coches (só neste mes de xaneiro, máis de 120 vehículos).

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...