InicioPolíticaElena Muñoz esixe que Carmela Silva asuma responsabilidades políticas polo suposto 'enchufe'...

Elena Muñoz esixe que Carmela Silva asuma responsabilidades políticas polo suposto ‘enchufe’ da súa cuñada

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo rexistrou unha moción para o seu debate no pleno deste mércores, na que insta á tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a que "dea a cara e explique" o suposto 'enchufe' da súa cuñada nunha concesionaria municipal.

PUBLICADO O

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo rexistrou unha moción para o seu debate no pleno deste mércores, na que insta á tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a que “dea a cara e explique” o suposto ‘enchufe’ da súa cuñada nunha concesionaria municipal.

Así o anunciou en rolda de prensa a portavoz do grupo, Elena Muñoz, quen afirmou que Silva debería comparecer “por iniciativa propia”, porque “así é como ten que funcionar unha institución democrática”.

A edil do PP lembrou que o goberno vigués xa se opuxo noutras ocasións á comparecencia do alcalde ou dalgúns edís “para dar explicacións” sobre diferentes asuntos. “Temos un goberno que está a desprestixiar a política e a democracia”, sinalou Muñoz.

A portavoz do grupo ‘popular’ reclamou a Carmela Silva “que deixe de esconderse” e asuma “responsabilidades políticas” polo suposto ‘enchufe’ da súa cuñada, á vez que ironizou sobre o feito de que “os familiares da señora Silva sempre atopan traballo”.

Ademais, Elena Muñoz confirmou que o PP preguntou no Senado, e farao tamén no Congreso, achega do trato recibido no xulgado pola familiar de Silva cando foi a declarar como testemuña no xuízo celebrado a pasada semana. “Queremos que nos expliquen por que entra pola porta de atrás e non pola de diante, como entran todos os que van declarar. Alguén do goberno de España deberá explicar o porqué deste trato de favor”, apuntou.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...