InicioEconomíaO Porto de Vigo en 2018: aumenta o tráfico de metais e...

O Porto de Vigo en 2018: aumenta o tráfico de metais e químicos, baixan os cruceiros e a pesca

Enrique López Veiga avanzou que o Porto de Vigo acometerá unha política comercial "máis agresiva" para mellorar as súas cifras de tráfico de cruceiros.

PUBLICADO O

O Porto de Vigo pechou o ano 2018 cun incremento do 4,2 % no tráfico de mercancías, e un aumento do 2,99 por centos nos tráficos totais, que alcanzaron un volume de 4,3 millóns de toneladas.

Así o trasladou en rolda de prensa o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, quen explicou que as mercancías con números positivos máis reseñables foron os metais (+53,65%), os produtos químicos (+28,15%), os alimentos (20,25%) e o granito bruto (11,64%).

Por contra, sufriron descensos os tráficos de automóbiles (-4,75%), o granito elaborado (-11,19%), a lousa (-12,32%) ou a pesca conxelada (-4,42%). Con respecto á pesca fresca, 2018 pechou tamén con resultado negativo, cun descenso do 12,34%, vinculado, segundo López Veiga, ao menor volume de cotas da flota.

Porto de Vigo/ Miguel Núñez

O tráfico de colectores, por outra banda, creceu un exiguo 0,32% (en canto ao número TEUs que se moveron na terminal viguesa); mentres que o tráfico de cruceiros, en número de escalas, descendeu un 4% por cento con respecto a 2017, aínda que creceu un 13 por cento o número de visitantes (pasaxeiros e tripulantes).

A este respecto, Enrique López Veiga avanzou que o Porto de Vigo acometerá unha política comercial “máis agresiva” para mellorar as súas cifras de tráfico de cruceiros, e apostou por “traballar con turismo de Galicia e co Concello” para aumentar o atractivo do porto olívico como destino.

Finalmente, a conta de resultados do Porto presentou un incremento do 19,6% na cifra de negocio con respecto ao ano anterior, cun resultado de explotación de case tres millóns de euros.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...