InicioPolíticaCaballero acusa a Feijóo de retrasar 5 anos a ordenación urbanística de...

Caballero acusa a Feijóo de retrasar 5 anos a ordenación urbanística de Vigo

O alcalde asegura que a tramitación vai a "velocidade de cruceiro" e poderanse "acurtar prazos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo prevé ter nun prazo de sete meses un borrador do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) e a documentación necesaria para iniciar a tramitación da avaliación estratéxica ambiental, e culpou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dun atraso de “cinco anos” no deseño do novo documento urbanístico.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico confirmou que xa está listo o primeiro informe diagnóstico paso previo á redacción do Plan (que substituirá á PGOM de 2008, anulado polo Tribunal Supremo hai tres anos), no que se recolle un cronograma dos próximos traballos, e as previsións de tramitación.

Este estudo servirá de base para definir a edificabilidade do novo Plan, tendo en conta algúns condicionantes, por exemplo a evolución da poboación ou os cambios no mercado da vivenda, etc. A partir de agora, indicou Abel Caballero, “comeza a redacción da PGOM”, e o goberno espera ter un primeiro borrador en sete meses.

Caballero proclamou que a tramitación do novo Plan vai a “velocidade de cruceiro” e que o Concello xa dispón de moita información e documentación aproveitable, o que “acurtará os prazos”.

Por outra banda, o alcalde incidiu en que o urbanismo de Vigo “dista moito de estar parado”, xa que está en marcha a tramitación da ordenación provisional, que permitirá edificar nunhas 50.000 parcelas da cidade. Unha vez aprobada esa ordenación, previsiblemente en marzo, o Concello ten tres anos e medio para ter a súa novo PGOM.

Caballero recordou na súa rolda de prensa que a anulación da PGOM de 2008 debeuse a un informe mal motivado da Xunta “como institución” (era un informe que dependía da actual concelleira viguesa de Urbanismo, María José Caride, entón conselleira no bipartito presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño).

Por outra banda, sinalou que, cando se coñeceu a sentenza do Supremo, o Concello ofreceu á Xunta a solución defendida polo experto Luciano Parello, que “permitía retomar o Plan en seis meses”, corrixindo os posibles defectos e mantendo o resto do documento. “Pero non foi aceptado pola Xunta, por razóns políticas de facer dano á cidade”, proclamou.

A todo iso súmase o feito de que o Goberno galego tivo “un ano esperando” ao Concello olívico para confirmar en que modo ía cofinanciar a redacción da novo PGOM. Así, Caballero concluíu que a nova ordenación urbanística acumulará un atraso de 5 anos que a cidade lle debe a Feijóo”.

ÚLTIMAS

Casco Vello de Vigo aproba o seu plan ata 2030, con 25 inmobles de actuación prioritaria e un investimento de 15 millóns

O Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou este xoves o seu plan de actuación 2026-2030,...

Comeza en Vigo a montaxe da árbore de Nadal “máis importante do planeta”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o inicio da montaxe do que...

Sanidade contrario a un radiólogo de garda en Vigo: “Imposibilitaría o desenvolvemento normal do servizo”

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo asegurou que establecer un terceiro radiólogo de...

Choque entre Caballero e a Xunta pola auga de Vigo: “Só temos para 100 días”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou á Xunta de Galicia de restar importancia á...