InicioSucesosRescatan a unha muller de 89 anos que caera nunha cuneta en...

Rescatan a unha muller de 89 anos que caera nunha cuneta en Cabral e levaba un día desaparecida

A Policía Nacional de Vigo rescatou dunha gabia a unha muller de 89 anos, que estaba desaparecida desde a mañá do pasado martes do seu domicilio na parroquia viguesa de Cabral.

PUBLICADO O

A Policía Nacional de Vigo rescatou dunha gabia a unha muller de 89 anos, que estaba desaparecida desde a mañá do pasado martes do seu domicilio na parroquia viguesa de Cabral.

Sobre as 14,00 horas do pasado martes a Policía Nacional de Vigo recibiu unha chamada do 112 na que informaban que unha muller de 89 anos de idade, residente no barrio de Cabral en Vigo, desaparecera do domicilio pola mañá e aínda non lograran atopala.

Ao confirmarse que non estaba en ningún centro hospitalario, e dado o mal tempo, a Policía Nacional activou o protocolo de medidas de urxencia para as situacións de desaparecidos, envorcándose todas as unidades na procura da desaparecida, á vez que se deu aviso a Policía Local e a Protección Civil.

Ao redor das 19,20 horas os axentes localizaron unhas zapatillas, iguais ás da desaparecida, nun camiño de terra que se internaba cara a unhas leiras próximas ao seu domicilio.

Tras avisar ao resto de axentes realizouse unha comprobación exhaustiva da zona, localizando á octoxenaria tirada no chan, sobre unha gabia que comunicaba cun vertedoiro, segundo o relato policial.

A muller atopábase consciente, aínda que esgotada e con síntomas de hipotermia, explicaron as mesmas fontes, polo que se deu aviso a 061 que procedeu ao seu traslado a un centro hospitalario para a súa valoración.

O operativo foi realizado polo Grupo de Atención ao Cidadán da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, contando coa colaboración da Policía Local de Vigo e de Protección Civil.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...