InicioSociedadeO BNG pide un "plan de mellora" da Atención Primaria dotado con...

O BNG pide un “plan de mellora” da Atención Primaria dotado con “200 millóns” este ano

Pide "máis recursos" a disposición da sanidade pública.

PUBLICADO O

A portavoz nacional de BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta de Galicia un “plan de mellora” da Atención Primaria dotado para 2019 con “200 millóns de euros” porque sinalou que “é falso” que non haxa médicos e que é necesario pór “máis recursos” a disposición da sanidade pública.

Ana Pontón, xunto á deputada nacionalista Montse Prado e o candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, reuniuse este mércores en Vigo con representantes da xunta de persoal do Chuvi, do comité de empresa de Povisa, persoal de Ambulancias e de Alcer (Asociación de Hemodiálisis) e representantes dos PACs en pé de Guerra.

Ten que haber un cambio de modelo, as EOXIs fracasaron e hai que volver ás xerencias de Atención Primaria con recursos e con capacidade de decisión porque o resto van ser parches”, manifestou a portavoz nacionalista, que defenderá este plan no Parlamento de Galicia.

“A deterioración brutal da sanidade pública está a converterse nun perigo para a saúde”, sostivo Pontón, quen criticou que o goberno de Núñez Feijóo recortou “2.000 millóns de euros á atención sanitaria de primaria” e que a Atención Primaria a día de hoxe ten un orzamento con “188 millóns de euros menos que hai dez anos”.

MANIFESTACIÓN EN VIGO

Ana Pontón mostrou o seu apoio á mobilización convocada para este xoves en Vigo para defender a dignidade da sanidade pública e tamén destacou a convocatoria de febreiro no ámbito galego. Segundo a nacionalista, os profesionais desde a Atención Primaria, os PACs, os traballadores de Povisa, os servizos de urxencias dos hospitais, o persoal das ambulancias e os propios pacientes “non protestan porque si”.

“É imposible que todo o mundo amenta menos Feijóo. É evidente que quen nos está contando unha milonga é el e isto demóstranos que o único que lles importa é que os seus amigos sigan facendo negocio á conta da sanidade pública“, aseverou Pontón.

Pola súa banda, o candidato do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, chamou a unha “participación masiva” na manifestación deste xoves na cidade olívica e puxo o foco en que a atención primaria está “ao bordo do colapso”.

“O persoal do transporte sanitario transmitiunos que Vigo ten a metade das ambulancias que lle corresponderían polo seu nivel de poboación”, apuntou Pérez Igrexas, que cualificou á cidade como a “zona cero” do “desastre sanitario” do conxunto de Galicia.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...