InicioSociedadeA Xunta sitúa ao IES de Teis como "referente" en Informática e...

A Xunta sitúa ao IES de Teis como “referente” en Informática e Imaxe Persoal

Este centro conta xan con máis de 1.000 estudantes matriculados.

PUBLICADO O

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou que o IES de Teis é un “referente” na oferta de ensinos profesionais de Informática e comunicacións e de Imaxe Persoal, tanto de grao medio como superior e de FP Básica.

Carmen Pomar, visitou este mércores o IES de Teis, en Vigo, para comprobar as obras de ampliación acometidas no centro, que supuxeron un investimento de 1,6 millóns de euros por parte do seu departamento, e explicou que este instituto aglutina a práctica totalidade dos ciclos existentes en Galicia en Informática e Imaxe Persoal.

A ampliación das instalacións, segundo trasladou Educación, foi deseñada co obxecto de dar resposta ás necesidades de crecemento que está a experimentar a FP, coa implantación da FP Básica e dos ciclos formativos de 2.000 horas.

Pomar celebrou que o IES de Teis, con máis de 1.000 alumnos matriculados, participe en programas educativos impulsados pola consellería, así como a súa incorporación ao proxecto ‘E-dixgal’ e a participación nos ‘Plans Proxecta’, nos ‘Contratos-Programa’ e no ‘Erasmus+’.

Na súa visita a Vigo, a conselleira tamén anunciou que o seu departamento ten programado investir medio millón de euros para dotar dun pavillón e de talleres ao CIFP Manuel Antonio, onde tamén se imparten cursos de FP.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...