InicioSucesosUn home ebrio é interceptado pola Policía cando conducía en dirección contraria...

Un home ebrio é interceptado pola Policía cando conducía en dirección contraria por García Barbón

A Policía Local de Vigo denunciou a un home de 39 anos de idade, nacido en Pontevedra e domiciliado en Marín (Pontevedra), por un suposto delito contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo iniciou dilixencias xudiciais contra un home de 31 anos de idade, nacido na Coruña e domiciliado en Vigo por un suposto delito contra a seguridade viaria despois de que os axentes o viran circular en dirección contraria.

Os feitos producíronse pasadas as 2,50 horas do pasado domingo, cando uns policías que patrullaban pola rúa García Barbón cara a Isaac Peral se detiveron nun semáforo e observaron como un turismo da marca Audi A3 se achegaba a gran velocidade en sentido contrario.

O vehículo freou de forma brusca para evitar pasar o semáforo en fase vermella. Foi neste momento cando os policías lle deron o alto para proceder á súa identificación e se decataron de que presentaba claros e evidentes signos de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Efectuadas as dúas probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, que arroxaron un resultado positivo de 0,75 mg/l en aire expirado na primeira proba e 0,68 mg/l na segunda, procederon a denuncialo.

 

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...