InicioSociedadeO gonerno vigués define como "politiqueo barato" as críticas á súa "fala...

O gonerno vigués define como “politiqueo barato” as críticas á súa “fala de cooperación” na investigación do Marisquiño

O PSOE de Vigo volveu a insistir en que "o que ten que explicar Feijóo é por que non estivo a noite do accidente".

PUBLICADO O

O PSOE de Vigo atribuíu as críticas pola falta de cooperación do Concello olívico na comisión de investigación do Marisquiño ao “politiqueo barato do presidente da Xunta e do PP”, e volveu a insistir en que “o que ten que explicar Feijóo é por que non estivo a noite do accidente”.2

A través dun comunicado remitido aos medios, o secretario dos socialistas vigueses, o deputado Abel Losada, referiuse aos parlamentarios do PP que participan nesa comisión de investigación, e que este luns presentaron un escrito no rexistro municipal solicitando a documentación do expediente do Marisquiño que o goberno vigués non facilitou ao Parlamento de Galicia.

A ese respecto, Losada subliñou que, ata agora, a xuíza instrutora, o único que aseverou é que o sinistro se produciu nun peirao portuario, xa que logo, “responsabilidade e obrigación do Porto”. “O resto é politiqueo barato do presidente da Xunta e do PP. O que ten que explicar Feijóo é por que non estivo aquí a noite do accidente”, incidiu.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...