InicioPolíticaO 'dardo' de Caballero ao Sergas: "Tiveron moito tempo para arreglar os...

O ‘dardo’ de Caballero ao Sergas: “Tiveron moito tempo para arreglar os problemas, e non o fixeron”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns un encontro con representantes da Xunta de Persoal da EOXI de Vigo, a quen trasladou o seu apoio á manifestación que se celebrará o xoves ás 20,00 horas, para denunciar a situación da atención sanitaria na área viguesa e para reclamar máis recursos.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns un encontro con representantes da Xunta de Persoal da EOXI de Vigo, a quen trasladou o seu apoio á manifestación que se celebrará o xoves ás 20,00 horas, para denunciar a situación da atención sanitaria na área viguesa e para reclamar máis recursos.

Nunha rolda de prensa, o rexedor sinalou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pasou de proclamar que a atención sanitaria era “óptima e magnífica” a “recoñecer que é un fracaso total”.

Para Caballero, as “deficiencias” na atención sanitaria en Vigo son “obvias”, e referiuse ás listas de espera, aos problemas do “hospital privado” Álvaro Cunqueiro, ou ao “copago” do aparcadoiro que explota a concesionaria no complexo.

Pola súa banda, a presidenta da Xunta de Persoal, María José Diéguez (CC.OO.), recordou os motivos da protesta: problemas en Urxencias, “escaseza de persoal”, o modelo de contratación de médicos, as condicións de traballo na PAC e “un sinfin máis” de motivos.

Con respecto aos compromisos de Sanidade para mellorar as condicións de contratación dos médicos e reforzar os persoais, Diéguez advertiu de que “hai que esperar” para ver como se concretan esas promesas. “Se quixesen arranxar os problemas, tiveron moito tempo, e non o fixeron. Esperaron a que saísen os xefes de Atención Primaria a dicir ‘ata aquí chegamos’“, denunciou.

A manifestación do xoves, para pedir “Menos recortes e máis recursos” na área sanitaria viguesa sairá ás 20,00 horas da PAC da rúa Pizarro, e percorrerá Gran Vía, Urzáiz, Colón e Policarpio Sanz, para finalizar en Pórtaa do Sol.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...