Galicia chora o falecemento de Manuel González Soto: 40 anos de paixón polo deporte no Balonmán Chapela

A Secretaría Xeral para o Deporte mostrou este venres o seu pésame polo falecemento do presidente do Balonmán Chapela, Manuel González Soto, falecido neste mesmo día.

Chapela / Wikipedia
Casco urbano de Chapela / Wikipedia

A Secretaría Xeral para o Deporte mostrou este venres o seu pésame polo falecemento do presidente do Balonmán Chapela, Manuel González Soto, falecido neste mesmo día.

Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia transmitiulle as súas condolencias a toda a familia e amigos do falecido, así como aos veciños do Concello de Redondela, especialmente da parroquia de Chapela.

O secretario xeral para o Deporta, José Ramón Lete Lasa, destacou a figura de Manuel González Soto como “xogador, adestrador, directivo e presidente” e destacou que foi un home que “brillou en todas e cada unha das facetas que desempeñou”.

“O seu traballo en favor do deporte e do balonmán galego será sempre recordado por todos e por todas, o legado que Manuel déixanos é inmenso“, asegurou Lete Lasa.

Manuel González Soto levaba vinculado ao Balonmán Chapela corenta anos e desde o pasado mes de novembro o pavillón no que este equipo xoga os seus partidos leva o seu nome.

O falecido recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia no ano 2013 de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en recoñecemento a toda a súa traxectoria.