InicioSucesosDenunciado un mozo de 19 anos por conducir borracho polo centro de...

Denunciado un mozo de 19 anos por conducir borracho polo centro de Vigo

A Policía Local de Vigo denunciou a un mozo de 19 anos de idade por un suposto delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo denunciou a un mozo de 19 anos de idade por un suposto delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Os feitos sucederon ás 2,45 horas da madrugada deste venres, cando a Policía interceptou ao condutor dun turismo da marca Kia CEDD durante un control de vehículos na Praza de Fernando o Católico.

O condutor, un home de 19 anos de idade, presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, segundo o relato policial. Tras realizar as dúas probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, estas tiraron un resultado positivo de 0,88 mg/l de alcol por litro de aire expirado na primeira proba e 0,84 mg/l na segunda.

Polo tanto, o mozo quedou encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

SEN CARNÉ

Por outra banda, a Policía Local de Vigo denunciou a un home de 40 anos de idade, nacido en Vigo e domiciliado en Redondela (Pontevedra), por un suposto delito contra a seguridade viaria tras comprobar que conducía sen un permiso de circulación en regra.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...