InicioPolíticaMarea de Vigo defende que o suposto desbloqueo das obras do AVE...

Marea de Vigo defende que o suposto desbloqueo das obras do AVE a Madrid é “unha farsa” do PSOE

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este xoves que é "rotundamente falso" que o Goberno contemple nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) os compromisos adquiridos coa cidade.

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo denunciou este xoves que é “rotundamente falso” que o Goberno contemple nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) os compromisos adquiridos coa cidade, dos que presumiu o alcalde, Abel Caballero, que anunciou o “desbloqueo” de proxectos como a AVE directo a Madrid, a Biblioteca do Estado ou a rexeneración de Samil.

Así o trasladou en rolda de prensa o concelleiro Xosé Lois Jácome, quen recordou a “axenda apretadísima” do rexedor chea de reunións con ministros e ministras, que incluso se diría que preside el o Consello de Ministros”.

O edil de Marea tamén se referiu ás manifestacións do alcalde proclamando que se acabou o abandono” e o “bloqueo” de proxectos para Vigo. “é rotundamente falso, practicamente nin un só dos anuncios feitos polo alcalde está nos PGE”, puntualizou.

Entre os exemplos que puxo, está a rexeneración da praia de Samil, a Biblioteca do Estado, ou a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 entre Teis e o centro da cidade, proxectos para os que o Goberno reserva nos PGE “cero euros”.

Por outra banda, tamén criticou as partidas consignadas para actuacións como a recuperación da muralla do Castro (100.000 euros dun total de 830.000 previstos para este proxecto) ou para “o terceiro estudo ambiental” da AVE directo a Madrid.

“Menos titulares e máis feitos, a realidade plasmada nos Orzamentos Xerais do Estado é que ningún compromiso se vai a cumprir proximamente”, sentenciou Jácome.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...