InicioSucesosIncautados máis de 1.000 artefactos pirotécnicos non autorizados durante este Nadal

Incautados máis de 1.000 artefactos pirotécnicos non autorizados durante este Nadal

A Policía Local de Vigo comisou aqueles aparellos que eran obxecto de venda ambulante ou cuxo uso non respectaba as normas de seguridade. O material foi destruído

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo comisou un total de 47 caixas con 1.342 aparellos pirotécnicos non autorizados durante unha campaña especial de control sobre a venda e utilización deste tipo de obxectivos levada a cabo durante o pasado Nadal.

Este operativo, no que se comprobou se os artefactos cumprían as normas e requisitos esixibles para evitar a venda non autorizada, estendeuse aos instrumentos de pirotecnia que foron obxecto de venda ambulante e a aqueles que se lanzaban ou manipulaban sen respectar as normas de seguridade ou sen adaptarse á categoría na que estaban clasificados.

A Policía Local lembrou que nestas festas é cando se rexistra a porcentaxe máis alta das vendas deste material. Por ese motivo, intensifícanse as inspeccións que tratan de garantir o cumprimento da normativa.

O material incautado por estarse vendendo de xeito irregular, sen cumprir a normativa nin as normas de seguridade, foi destruído. Os responsables dos establecementos onde se comprobou a venda irregular foron propostos para sanción.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...