InicioSucesosDetido un condutor tras cometer un delito de tráfico, escapar do control...

Detido un condutor tras cometer un delito de tráfico, escapar do control policial e fuxir a pé polo monte

A Policía denunciou a varios condutores máis por circular baixo os efectos de alcol e drogas.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo interceptou e denunciou por vía penal a un veciño da cidade, de 54 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico e que, ademais, fuxiu ao atoparse un control policial.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos tiveron lugar na mañá do martes, na estrada de Valladares, onde se estableceu un control de vehículos por parte da Policía Local.

Un condutor deuse á fuga ao decatarse da presenza dos axentes. O home, de 56 anos de idade, chegou a abandonar o vehículo durante á súa huída e a seguir a fuga a pé a través do monte, aínda que foi finalmente localizado.

A Policía constatou que o condutor non só ten o carné retirado por orde xudicial, senón que o vehículo carecía do seguro obrigatorio. Así, foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Por outra banda, tamén o martes interceptouse nun control a un home que circulaba pola rúa Torrecedeira. Ante a sospeita de que puidese atoparse baixo os efectos dalgunha droga, a Policía realizoulle un test, que deu positivo para anfetaminas e metaanfetaminas.

O condutor, un vigués de 54 anos de idade, enfróntase a unha multa de 1.000 euros e á retirada de 6 puntos do seu carné de conducir.

Así mesmo, na noite do martes, foi interceptada unha condutora que se viu implicada nun accidente de tráfico e que arroxou resultado positivo no test de alcoholemia (0,68 e 0,67 mg/l).

Finalmente, na madrugada deste mércores, axentes policiais deron o alto a un condutor tras cometer unha infracción de tráfico, na Avenida da Hispanidade. Ao sometelo ao test de alcoholemia, este arroxou resultado positivo (0,91 e 0,82 mg/l), polo que tamén foi denunciado por vía penal.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...