InicioPolíticaO PSOE sostén que os Orzamentos para Vigo do goberno de Rajoy...

O PSOE sostén que os Orzamentos para Vigo do goberno de Rajoy eran máis altos porque “estaban inflados”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, criticou este martes que os orzamentos do 2018 "estaban inflados" e non se executaron nin nun "60 por cento", mentres que a proposta de orzamentos actual é "valente" e "realista" co gasto e os investimentos.

PUBLICADO O

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, criticou este martes que os orzamentos do 2018 “estaban inflados” e non se executaron nin nun “60 por cento”, mentres que a proposta de orzamentos actual é “valente” e “realista” co gasto e os investimentos.

Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, os Orzamentos Xerais do Estado reflicten que “este Goberno ten claro que ten que facer fronte a unha crise terrible que deixou a moitas persoas, como ás persoas maiores de 52 anos que se quedaron sen emprego, sen subsidios; e que cre que os pensionistas non poden seguir pagando a crise, que hai que aumentar as pensións segundo o IPC”.

Silva sostivo que se nota” que cambiou o Goberno e que o equipo de Pedro Sánchez “cre” e “aposta” pola educación, a innovación e a investigación. “Son uns orzamentos en clave social e en clave de progreso, social e económico”, resumiu a presidenta provincial.

“Podemos facer titulares de que Galicia recibe un 19 por cento menos nos orzamentos, pero a análise que non facemos é que ese 19 por cento que había non se executou, que era mentira. Porque os orzamentos que había estaban inflados e aparecían cifras que logo non levaban a nada“, aseverou Silva.

“Sempre aparecía a A-52. A señora Ana Pastor sendo ministra veu dúas veces polo túnel de Vigo-O Porriño. E onde está o túnel? Eu non o vexo”, exemplificou a presidenta da Deputación.

Silva celebrou que estes orzamentos se fan cargo das “consecuencias da crise” que, recordou, afectan as persoas directamente e non a “entes”.

Así mesmo, apuntou que nos orzamentos recóllense investimentos “que si se van a poder facer”. “Creo que é atrevido deixar de enganar á xente e pór partidas daquilo que é necesario e que se vai a poder executar”, esgrimiu Silva.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...