InicioPolíticaO PP compara a Vigo con Venezuela por prohibirlle valos críticos con...

O PP compara a Vigo con Venezuela por prohibirlle valos críticos con Caballero na cidade

O grupo municipal do Partido Popular en Vigo denunciou" este luns a "prohibición" de exhibir un valo na cidade. A presidenta do partido, Elena Muñoz, sostivo que contrataron cunha empresa privada a publicación duns valos e que a empresa se botou atrás alegando que ía "en contra da normativa municipal".

PUBLICADO O

O grupo municipal do Partido Popular en Vigo denunciou” este luns a “prohibición” de exhibir un valo na cidade. A presidenta do partido, Elena Muñoz, sostivo que contrataron cunha empresa privada a publicación duns valos e que a empresa se botou atrás alegando que ía “en contra da normativa municipal”.

Elena Muñoz explicou que contrataron os “valos reivindicativos” o pasado 30 de novembro para que estivesen expostas pola cidade entre o 10 de decembro e o 9 de xaneiro para que “os vigueses visen a outra cara de Vigo”.

Segundo o seu relato, unha vez asinado o contrato, a empresa púxose en contacto co partido para comunicarlle que non podía colocar ditos valos publicitarios porque van “en contra da normativa municipal”. Nos valos pódese ler, sobre unha fotografía da zona do paseo das Avenidas onde se produciu o accidente do festival O Marisquiño, “Caballero, very welcome á realidade”.

A presidenta do PP vigués manifestou que se trata “duns valos reivindicativos, feitos desde o respecto, pero tamén desde a denuncia, porque cremos que os vigueses teñe que ver a outra cara de Vigo, a que o alcalde non quere que vexan”. “O Vigo real que ten problemas, que viviu un accidente gravísimo, que está sen Plan Xeral desde fai máis de 3 anos, ou que ten a 60.000 vigueses en risco de pobreza”, agregou Muñoz.

A popular preguntouse que normativa é a que incumprían eses valos e quen informou diso á empresa, nunha clara alusión ao Goberno local. Así mesmo, Muñoz aseverou que se estes valos incumpren unha norma, a que colocou “o propio alcalde” en Matamá “para criticar á Xunta de Galicia” tamén o fixo.

Ante a imposibilidade de exhibir a súa mensaxe –escrita con “ironía”, segundo afirmou Muñoz– nos valos publicitarios da cidade, a popular manifestou que van a “buzonear” o que figuraba nos valos en forma de folletos cun texto na parte traseira no que explican o sucedido baixo o título “Vigo, con V de Venezuela”.

AGRAVIOS AO PP

“Nesta cidade impera o medo”, resumiu Elena Muñoz, quen asegurou que este episodio é só “un máis” dos agravios sufridos polo seu partido nos últimos anos con Abel Caballero como alcalde.

“O PP DENOSTADO”

“A min persoalmente intentáronme botar dalgún acto da organización por orde do Goberno local”, dixo Muñoz. “Pero non nos imos a calar máis”, engadiu. Pola súa banda, o alcalde de Vigo asegurou descoñecer estes feitos e explicou que son os técnicos municipais os que elaboran as normativas. “O que lle pasa ao PP é que está desesperado. Está denostado polos cidadáns de Vigo e non o quere entender”, afirmou Caballero.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...