Unha persoa queda inconsciente tras ser atropelada na rúa Teixugueiras

Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres ao ser atropelada por un vehículo na cidade de Vigo.

Rúa Teixugueiras / dtingenieria.wordpress.com

Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres ao ser atropelada por un vehículo na cidade de Vigo. Segundo informou o Centro Integral de Atención a Urxencias 112-Galicia, o atropelo tivo lugar á altura do número 22 da rúa Teixugueiras. Foi un particular o que alertou de que unha persoa fora atropelada e de que a vítima se atopaba inconsciente e convulsionaba.

Ata a zona foron mobilizados efectivos de Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Vigo, así como unha ambulancia do 061, que trasladou á persoa ferida ao Hospital Povisa.