Os xefes da área sanitaria ven un cambio na ‘actitude’ do Sergas: “Polo menos agora recoñecen que hai un problema”

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibirá o vindeiro xoves, 17 de xaneiro, a unha representación dos xefes de servizo dimisionarios da área sanitaria de Vigo.

Manifestación pola sanidade pública/ Miguel Núñez

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibirá o vindeiro xoves, 17 de xaneiro, a unha representación dos xefes de servizo dimisionarios da área sanitaria de Vigo.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que indicaron que o encontro está previsto en Santiago de Compostela trala ‘invitación ao diálogo’ realizada por parte da Administración e aceptada polos dimisionarios.

De feito, este mércores, 9 de xaneiro, os xefes de servizo dimisionarios de Vigo aseguraron que non recoñecen ao xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, como interlocutor para liquidar o problema da Atención Primaria e pedían unha reunión co conselleiro de Sanidade.

“O que pedimos escápase ao xerente de Vigo, por iso imos pedir unha reunión co conselleiro”, explicou este mércores un dos facultativos dimitidos a Europa Press.

Manifestación pola sanidade pública/ Miguel Núñez

“É certo que en Vigo temos problemas específicos, pero queremos atallar os problemas estruturais que hai na Atención Primaria. Uns problemas que xa están analizados e para os que se coñecen solucións”, agregou este médico de familia.

Neste sentido, trala reunión celebrada o pasado martes na sede do Colexio de Médicos en Vigo, os médicos de Atención Primaria deste área sanitaria reclamaron “solucións políticas”.

Manifestación pola sanidade pública/ Miguel Núñez

“Queremos unha Atención Primaria forte. Escoitamos a moitos políticos de diferentes cores dicir que é a ‘xoia do sistema’ e o que buscamos é que isto se leve á práctica. Para iso necesitamos solucións políticas”, aseveraron as mesmas fontes a Europa Press.

Os xefes de servizo dimitidos de Vigo recoñecen que cambiou “un pouquiño” a actitude do Sergas. “Polo menos agora recoñecen que hai un problema e non din que faltamos á verdade”, apuntaron. Por iso, queren reunirse co conselleiro de Sanidade para obter “medidas concretas” do seu departamento.