InicioEconomíaNace o Observatorio Eólico de Galicia para "fortalecer" a posición do rural...

Nace o Observatorio Eólico de Galicia para “fortalecer” a posición do rural no desenvolvemento desta enerxía

Ve o actual marco normativo como un elemento "a corrixir" para favorecer a participación de axentes locais

PUBLICADO O

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e os representantes das fundacións Juana de Vega e Isla Couto, Enrique Sáez e Manuel Meixide, asinaron este xoves un convenio de colaboración para a posta en marcha o Observatorio Eólico de Galicia, un órgano que ten como finalidade estudar esta actividade en Galicia e, sobre todo, asesorar aos axentes locais rurais (comunidades de montes, pequenas empresas, concellos, particulares, etc.) para “fortalecer” a súa posición no sector.

O Observatorio, dirixido polo grupo de investigación liderado polo profesor de Economía Aplicada, Xavier Simón, pretende ser “un espazo de colaboración entre a Universidade, as empresas produtoras de enerxía e os responsables políticos” para permitir que esta actividade sexa xeradora de riqueza para os axentes locais, fixe poboación no rural e teña retorno económico nos pequenos municipios.

Así o trasladou o propio Xavier Simón, quen explicou que, ao contrario que noutros países de Europa, o desenvolvemento eólico en Galicia fíxose “ás costas” das comunidades locais. “Hai un problema de supervivencia do rural, que se baleira de xente e énchese de aeroxeradores”, apuntou.

Sinatura de creación do Observatorio Eólico de Galicia

Segundo explicou, a principal “deficiencia” que se debe “corrixir” en Galicia é o marco normativo, que permitiu que a inmensa maioría da potencia instalada estea “en mans da grandes compañía”. A ese respecto, apostou por un escenario no que se alente ás comunidades rurais locais e pequenas cooperativas a desenvolver parques eólicos en igualdade de condicións” con respecto ás grandes enerxéticas.

Nese contexto, Galicia conta cunha “vantaxe” fundamental, que é ter unha media de máis de 2.400 horas de vento ao ano, superior a outras zonas de España e de Europa. Ademais, engadiu, impulsar a participación de axentes locais, “non limita o éxito no desenvolvemento da enerxía eólica, que está garantido pola demanda, o desenvolvemento tecnolóxico e a tendencia a limitar o uso de combustibles fósiles”.

INFORMACIÓN COMO “MECANISMO DE PRESIÓN”

Pola súa banda, o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, incidiu en que o Observatorio virá arroxar luz” sobre un sector do que, a pesar de ser “fundamental” en Galicia, “non se sabe moito”.

Así, mediante o asesoramento gratuíto, facilitarase ás comunidades locais que dispoñan “a primeira arma do cambio”, que é “a información, como mecanismo de presión” para que se empecen a operar modificacións normativas. O desenvolvemento eólico é, recalcou, unha “oportunidade” para fixar poboación no medio rural, e para que estas comunidades locais sexan conscientes da riqueza que pode xerar unha fonte de enerxía limpa.

Segundo apuntou Xavier Simón, en Galicia hai uns 120 parques eólicos con 3.400 megawatios instalados, pero hai outros 7.000 megawatts en tramitación administrativa.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...