InicioSucesosA investigación do crime do octoxenario de Vigo non descarta á contorna...

A investigación do crime do octoxenario de Vigo non descarta á contorna do ancián

Apareceu o luns cos pés atados e unha bolsa na cabeza, e tapado cuns plásticos moi preto de onde vivía, no barrio de San Pedro de Sárdoma.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, afirmou que se segue investigando” o crime do octoxenario de Vigo, que desaparecera o pasado 26 de decembro e cuxo cadáver apareceu o luns cos pés atados e unha bolsa na cabeza, e tapado cuns plásticos moi preto de onde vivía, no barrio de San Pedro de Sárdoma.

Losada, nun acto en Lugo, recordou que “os primeiros indicios establecen que hai unha cuestión de violencia, porque apareceron datos de violencia”, pero avisou de que “segue aínda a investigación”.

Interpelado sobre si se investiga á “contorna” do ancián, o delegado sinalou que “cando se abre unha investigación investígase todo”. “Estamos nunha fase de investigación inicial, fai 48 horas que apareceu o corpo desta persoa, e a policía xudicial está a facer todo isto. Vaime a permitir unha certa cautela”, resolveu.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...