InicioVigo e contornaVigo Feijóo critica ao PSOE por priorizar en "gastos suntuarios" para “maior honra...

 Feijóo critica ao PSOE por priorizar en “gastos suntuarios” para “maior honra e brillantez” de Caballero

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volve a insistir nas súas críticas ao rexedor de Vigo, Abel Caballero, por priorizar os gastos en luces de Nadal e non en erradicar a pobreza nunha cidade, que dixo, “ten os maiores problemas sociais de Galicia”.

“Asombra que o mesmo grupo que di que hai un problema de pobreza en Galicia priorice este tipo de investimentos suntuarios –luces– para maior honra e brillantez de determinados políticos”, dixo Feijóo en alusión a Caballero. Unhas declaración que fixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta logo de que Xornal de Vigo lle preguntara pola “politización” do alumeado de Nadal que o seu partido está a facer en Vigo, Santiago ou Lugo, e as súas críticas o pasado mércores na Cámara galega, cando hai outros graves problemas na sociedade galega.

Na Cámara galega Feijóo comparou a Vigo con Venezuela e criticou ao seu alcalde por ir mercar as luces de Nadal da Andalucía en vez de facelo en Galicia. “Eu dixen o que dixen no Parlamento e non vexo ao PSOE moi preocupado pola pobreza ou os problemas sociais”, contestou.

“CIDADE CON MÁIS PROBLEMAS SOCIAIS”

“Sorprendeume que a cidade con máis problemas sociais que hai en Galicia que é Vigo priorice determinadas compras navideñas e descuide, na miña opinión, una política social que debería ter un concello que ten milóns e millóns de euros de excedentes orzamentarios”, engadiu.

Con todo, non quixo referirse as críticas realizadas polo seu partido en Santiago ou Lugo que teñen criticado a Compostela Aberta e ao PSdeG, respectivamente, polos problemas no alumeado de Nadal destas cidades. “Eu non me meto nas luces doutras ciudades das outras cidades, nin das de Vigo, porque iso non é a miña prioridade”, indicou. Con todo, volveu aproveitar para atacar ao rexedor olívico e dixo que, a diferencia das prioridades de Caballero, as súas prioridades “son as políticas sociais e sanitarias”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...