Feijóo compara a Vigo con Venezuela pola súa pouca transparencia e o gasto en “bombillas”

Critica a Caballero por pensar sólo en “bombillas” e non permitir comisións de investigación.

Feijóo nun acto do PP / Twitter PP

Non lle gusta nada ao presidente da Xunta o “populismo” do alcalde de Vigo, nin que sexa o rexedor máis votado de Galicia. Por iso, este mércores, referiuse a el en varias ocasións na Cámara galega e comparou, directamente, esta cidade con Venezuela. “Non vou falar de Venezuela, nin de Vigo, de como se trata a oposición neses sitios”, espetou.

Foi durante a sesión de control ao presidente na Cámara galega e en resposta a unha pregunta do líder de En Marea, Luís Villares, cando Alberto Núñez Feijóo decidiu comparar a principal cidade de Galicia con Venezuela. Non comparou explícitamente a Nicolás Maduro con Abel Caballero pero insinuou que na cidade olívica non se respecta á oposición.

Así, puxo como exemplo a “transparencia” da Cámara galega onde, destacou, a maior parte das iniciativas as fai a oposición. “Síntome moi orgulloso de como funciona este Parlamento porque o 80% das iniciativas son a proposta da oposición”, destacou. “E ningún concello permite comisións a proposta da oposición… E non vou falar de Venezuela ou de Vigo, de como se trata alí á oposición”. “Non hai un grupo máis transparente en España que este”, dixo en alusión ao Partido Popular de Galicia.

“BOMBILLAS”

Previsamente, e en resposta ao voceiro parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, Feijóo, tamén moi moi crítico con Caballero por “gastar en bombillas”. “Hai quen se adica a mercar milleiros de bombillas en Puente Genil, en Córdoba, no canto de pensar nas necesidades da xente”, dixo.

Respondía así aos socialistas que o acusaban de favorecer ás rendas máis altas en prexuizo dos que menos cobran. “Que me vai dicir diso se onde goberna ese alcalde ten os peores datos sociais de toda Galicia, mesmo por debaixo das mareas”, dixo o presidente da Xunta. “A súa prioridade son as bombillas, a prioridade é a xente. E xa de paso, non estaría mal comprar as bombillas en Galicia”, ironizou nunha sesión na que, en todo momento, evitou referirse directamente a Abel Caballero.

Tras estas críticas, o deputado por Vigo, Abel Losada criticou duramente a Feijóo por atacar a esta cidade e o seu alcalde e utilizalas como pantalla para non responder á pregunta do Grupo Socialista e o seu apoio ás grandes fortunas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here