La Sexta comeza en Vigo un novo programa denunciando a situación das traballadoras das conservas

O programa Carretera y manta, de La Sexta, emitindose desde Vigo

O peirao de trasatlánticos de Vigo foi esceario na noite deste mércores do inicio dun novo programa de La Sexta, “Carretera y manta”, un espazo no que se fala sobre a situación laboral en diferentes puntos do estado. O presentador deste espazo é Jesús Cintora.

 

Neste caso, o programa decidiu abordar a problemática das traballadores das conserveiras galegas. Un sector no que se traballa entre oito e 13 horas por salarios que oscilan entre os 790 e 900 euros.

Destaca o novidoso deste programa no que un camión é o plató itinerante. “É un camión que se converte en estudio e que toma a estrada para tirar da manta de situacións que están a ocorrer na nosa sociedade”, explica Cintora, que sinala que “que quere facer un programa coa xente para a xente”.

“Imos facer un programa á intemperie a pesar do frío, da neve e da choiva pero tamén porque queremos contar cousas que nos están ocorrendo e que algúns quixesen que non se contasen”, apunta Cintora.

2 COMENTARIOS

  1. Que ben! Primeiro en Vigo non hai nin un concelleiro nacionalista nun sitio que sempre destacou no meu subconsciente do contrario. Logo saen na Sexta. Unha marabilha marabilhosa! Mira mamá los de la tele están aquí!!!!Logo o do alumeado do nadal…non si, Vigo estase a converter no povo que sempre quixeron os vigueses que non fora. Pois polo que vexo, Vigo cada vez é máis atrasado! Non sabía que en Vigo houbese tantos paizocos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here