O Concello de Vigo acusa á Xunta de Galicia de dificultar a rehabilitación do Casco Vello

Vista da cidade
Vista aérea de Vigo /Miguel Nuñez

Ao respecto da visita desta mañá da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, María Xosé Caride (concelleira de urbanismo no goberno local de Abel Caballero) vén de emitir un comunicado no que ‘lamenta’ “que a señora Ángeles Vázquez non aproveitara a súa estadía na cidade para comprometer máis orzamento para o Consorcio do Casco Vello e impulsar así a súa rehabilitación, tal e como lle vimos reclamando desde hai meses no goberno de Vigo”.

“A conselleira (da Xunta) veu a Vigo sen ningún investimento novo, veu a dicir que a Xunta de Galicia vai continuar utilizando os recursos que deixou comprometidos o goberno de Emilio Pérez Touriño para o Consorcio. Lamentamos tamén que, logo de case unha década, a Xunta de Núñez Feijóo destinase cero euros ao Casco Vello de Vigo, pois o Consorcio opera e se nutre aínda do investimento inicial realizado por Touriño”, subliña Caride.

Con respecto a Navia, engade o goberno local que “é preciso recordar que Vigo leva dez anos agardando pola súa ampliación, dada a ausencia total de compromiso da Xunta con esta actuación. Concello e cidadáns de Vigo puxemos sobre a mesa da Xunta algunhas condicións para que o proxecto de Navia mellore; está, polo tanto, nas mans do goberno de Núñez Feijóo dar cabida a estas xustas demandas para que a ampliación de Navia sexa realidade o antes posible”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here