Deteñen a un home por agredir sexualmente a unha moza nunha discoteca de Vigo

Discoteca/ Photopin

A Policía Local procedeu esta fin de semana á detención dun home de 31 anos de idade, sen domicilio coñecido, por un presunto delito contra a liberdade sexual.

Os feitos tiveron lugar ás 05:35 horas da madrugada do sábado nunha discoteca da rúa Pontevedra e detállanse a continuación: “Unha patrulla desta Policía Local, tras ser comisionada pola Central, acudiu ao lugar indicado a requirimento dun dos porteiros do local”.

“O requirente atopábase cunha muller de 19 anos de idade, nada e domiciliada en Vigo, a cal manifestou que pouco antes un individuo que non coñecía de nada se lle achegara e,  sen mediar palabra, tocoulle as súas partes íntimas coa man, polo que ela apartouno de forma brusca, pero el echegouse de novo e de forma violenta introducíndolle un dedo na vaxina a través do seu pantalón tipo leggin”, recolle a Policía Local.

Nese momento, ela conseguiu fuxir, e pediu auxilio a un dos porteiros do establecemento. Ante os feitos relatados, os axentes introducíronse no interior do local en compañía do porteiro, quen sinalou ao suposto agresor, polo que dito individuo foi conducido ao exterior, sendo identificado pola moza, e posteriormente detido.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here