InicioMovementos SociaisLa Insurgencia, defensores do GRAPO e da loita armada, concentráronse en Vigo...

La Insurgencia, defensores do GRAPO e da loita armada, concentráronse en Vigo pola liberdade de expresión

PUBLICADO O

Os doce músicos de “La Insurgencia” viron rebaixadas as súas penas hai uns días de dous anos e un día de cárcere a seis meses e un día, o cal pode evitar a súa entrada en prisión, ao non contar con antecedentes. Concentráronse este venres en Vigo agradecendo o “apoio popular”, pero sobre todo para denunciar a situación de Boro, membro do medio La Haine.

“Nin un só día de prisión é aceptable por opinar”, defenden: “Está claro que o poder tenta reprimir as voces disidentes e incómodas para o sistema por todos os medios ao seu alcance. Está claro tamén que só a solidariedade con calquera represaliado e a resposta contundente da sociedade será quen de poñer freo a esta represión”.

Concentráronse este venres na Praza da Princesa “para defender a liberdade de expresión e tamén a de información e prensa”, e en solidariedade con Boro, xornalista de La Haine, para o que piden 6 anos de cadea.

No acto leron un manifesto do propio Boro, no que denunciaba como “para millones de personas está quedando en evidencia la naturaleza de este estado, donde las élites políticas sirven a las élites financieras mientras exprimen a la clase trabajadora y reprimen a quién protesta”.

“Aquí se apoya la insurrección armada”

Algunhas das polémicas frases nos temas La Insurgencia, polo que poderían chegar a entrar a prisión, foron “Yo soy un romántico de la lucha armada, chico, te lo explico, revolución o nada”; “Escucha, Dios perdona pero nosotros no, necesitamos GRAPO para el opresor, en ajusticiar a quien masa fortunas”; “Somos comunistas no librepensadores, contra los opresores violencia legítima”; ou “Mis héroes no son capos, mis héroes son GRAPOS, lánzame el tirito que yo no entro al trapo”.

As citas á asociación terrorista GRAPO e á “necesidade” dunha revolución máis ou menos “metafórica” son constantes nas frases que foron investigadas pola Audiencia Nacional: “Aquí se apoya la insurreción armada, al que no sea partidario se convierte en adversario”; “Incito a la lucha armada, pacíficamente protesto”; ou “Asaltaremos bancos como Amadeu Casellas. ETA mató civiles pero el gobierno usa napalm”.

A loita como unha necesidade, con versos ao estilo de “Deseando tus labios como coger un arma”, “Tanto recorte que pronto explotará el hemiciclo”, “Viva la lucha del PCE (r), son semillas de lucha viva”, “Me haría muy feliz ver cómo atracan un banco, cerca del barranco, pero me sigo sonriendo sobre todo con chistes de Carrero Blanco”…

Eles mesmos recoñecen que “a loita é o único camiño que ofrecer”, de foma máis ou menos directa, defendendo que os membros de GRAPO son “presos políticos”:“A los del frente Atlético tres tiros de escopeta. No me ando con las ramas, no soy metafórico”, “Martillazos a oligarcas en la sien”…

Tamén ameazas como “El baile de balas se va a producir, si no te sitúas en el bando del pueblo, iré a por ti”, ou “Oye jueza, vamos a llegar a ella de cualquier manera, aunque haya que caminar por encima de cabezas antifascistas muertas”, “Mira, soy otro deprimido que no descarta tirar de gatillo”… A polémica está servida, no eterno debate dos limítes da liberdade de expresión.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...