InicioSociedadePreto de 1.500 traballadores de Povisa poden ir á rúa tras o...

Preto de 1.500 traballadores de Povisa poden ir á rúa tras o preconcurso de acredores

Di que acumula 42 millóns de euros en perdas e que xa esgotou o fondo de reserva.

PUBLICADO O

Un dos hospitais privados máis importantes de Galicia, Povisa, anunciou a súa intención de entrar en preconcurso de acredores. Unha decisión da que responsabilizou ás perdas acumuladas, que cifra en 42 millóns de euros, desde a entrada en vigor do concerto vixente co Sergas, en 2014.

Alega nunha nota que trasladou tamén aos seus traballadores que até agora puidera facer fronte a esas “cuantiosas perdas” grazas ao fondo de reserva co que contaba a empresa debido á súa actividade privada e ao feito de non distribuír dividendos entre os seus accionistas desde hai 25 anos.

Povisa lembra que a finais de 2017 comunicou ao Sergas que este fondo se esgotaría antes de que acabase 2018, e instoulle a buscar unha solución urxente ao “desequilibro” provocado polo concerto. De feito, confirmou que xa comezou a atrasar pagos, entre eles o do IRPF.

Suliña que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a xerencia do Sergas foron informados de “este fortísimo desequilibro” en xaneiro, e en marzo trasladaron o informe de auditoría de 2017 que prevía o esgotamento inminente das reservas e que a continuidade da empresa estaba comprometida a curto prazo.

A dirección da empresa trasladou a súa decisión xa ao persoal, á que comunicou que o seu fondo de reserva, co que estivo facendo fronte ás perdas, esgotouse. Agora ábrese un prazo de tres meses para que a empresa poida negociar co seu principal cliente, o Sergas, xa que a súa situación débese “única e exclusivamente” ao “desequilibrio” xerado pola “interpretación” que a administración pública ha feito do concerto sanitario.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...