InicioMedio Ambiente e PatrimonioCoñece as 6 especies autóctonas que conforman o Bosque da Memoria de...

Coñece as 6 especies autóctonas que conforman o Bosque da Memoria de Chandebrito

PUBLICADO O

A localidade de Chandebrito (Nigrán), unha das poboacións máis afectadas polos incendios que arrasaron Galicia o pasado outubro, inaugurou o pasado venres día 10 de agosto o seu Bosque da Memoria, un espazo de descanso poboado por árbores autóctonas como o carballo ou o castiñeiro, e completado con mobiliario de descanso e paneis informativos.

Desta volta, falamos un pouco de cada unha destas especies que embelecerán o Bosque da Memoria, grazas á información que os creadores do bosque deixaron alí. É un proxecto que conta co apoio da Asociación Galicia Ambiental, a Fundación C&A, o Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Chandebrito.

As árbores do Bosque, xa plantadas, están aínda a comezar o seu proceso de crecemento.

castiñeiro

O castiñeiro (Castanea Sativa) é unha árbore de crecemento rápido que pode acadar os 30 metros de alto, un grosor espectacular e gran lonxevidade, vivindo máis aló do milenio.

Aínda que sexa máis típica do noroeste da península, aparece por toda ela, incluso no sur, posto que foi extendido polos romanos.

As castañas foron ademais elemento esencial da cociña galega ata a chegada dos cultivos americanos. Ata entón, os galegos consumían castañas asadas, cocidas, no caldo, con leite… A pesar da súa abundancia na dieta, confeitadas eran consideradas un manxar.

“Castañar del Tiemblo” / Pablo Cabezos, Photopin

sobreira

A cortiza da sobreira, popularmente coñecida como “corcho”, é moi utilizada para a fabricación de tapóns e illantes. A orixe do seu nome é celta, e significa “árbore fermosa”. Pode alcanzar os 25 metros de altura.

Produce landras, moi do gusto dos esquíos, adoitan ser amargas. O bosque de Sobreira máis grande atópase en Marrocos, preto de Rabat. É unha árbore mediterránea.

Sobreira/ Photopin

carballo

O carballo foi empregado historicamente para a construción naval, da súa madeira saíu a chamada Armada Invencible. Tamén se utiliza para as liñas de ferrocarril, ou para elaborar toneis, polo aroma que proporciona ao viño e outras bebidas.

Aparece por toda Europa, en España concéntrase na metade norte. Produce landras cun longo rabillo. Alcanzan os 40 metros de altura e poden formar grandes bosques.

Carballo/ Photopin

cerdeira

A cerdeira deixa un froito xeralmente doce, a cereixa, que pode ser transformada en marmelada, viño ou licor. Tamén é utilizada a súa madeira para fabricar mobles, e os rabos das cereixas na medicina tradicional.

Cerdeira/ Photopin

abeleira

Da abeleira extráese como froito a abelá. É considerada en ocasións como un arbusto, posto que hai exemplares que miden en torno aos 5 metros de altura, mais outros superan os 14. É moi común en Galicia e Asturias.

Abeleira/ Photopin

acivro

Do acivro, cunha madeira difícil de traballar, destacamos o seu uso tradicional como medicina contra a reuma ou a artrite.

Acivro/ Photopin

 

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

Os 15 pediatras que obtiveron praza por concurso de méritos na área de Vigo teñen ata o 18 de abril para incorporarse

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente dúas resolucións que adxudicaron a 70...

Un milleiro de bailaríns, inscritos xa na XII edición de Vigo Porté, que traerá danza e música ás rúas da cidade a finais de...

Un milleiro de bailaríns inscribíronse xa na XII edición de Vigo Portei, desde que...

Constitúese a plataforma “Vigo verde -Salvemos a Barrorca” para rexeitar a talla da Carballeira de Casaliños en Navia

"Este mesmo domingo 17 de marzo, a plataforma "Vigo verde -Salvemos a Barrorca" organiza...