Unha mancha de gasóleo impide o baño en parte de Praia América

Praia América

Unha mancha de gasóil apareceu esta tarde  á beira de Praia América, en Nigrán. Ás 13.20 o 112 foi alertado por un particular, e xa foi acotada a zona de vertido. Trasladáronse á zona Salvamento Marítimo, a Policía Local de Nigrán e Protección Civil.

Barállase como hipótese principal que a mancha estea causada pola limpeza dos tanques dun barco. Polo momento, o baño na zona está prohibido, e os bañistas deben desprazarse a outra zona do areal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here