InicioVal MiñorNigránNaco, o mozo nigranés que recibiu unha brutal malleira fai un ano

Naco, o mozo nigranés que recibiu unha brutal malleira fai un ano

A nai da vítima convoca unha manifestación o día 16 de agostona Plaza do Concello de Nigrán para pedir xustiza.

PUBLICADO O

Nacho, a quen na familia lle chaman cariñosamente Naco, foi vítima dunha brutal malleira fai un ano. Entón, unhas seis persoas comezaron a pegarlle na madrugada do 16 de agosto do 2020, despois de saír dun evento no Pazo de Urzáiz. “Pensaron que te mataran e deixáronte tirado no medio da maleza para que morreras se non o fixeras xa”, denuncia a nai da vítima, Lupe Comesaña, nunha mensaxe que difundiu por redes.

A nai de Nacho pide agora axuda para que se faga xustiza para o seu fillo, por iso convovoca unha concentración para o día 16 de agosto ás 21.00 horas na Praza do Concello de Nigrán, cando se cumpre un ano da fatídica agresión.

Enterráronte en vida, apagáronche a luz que desprendías e cargado de lesións e secuelas que son difíciles de superar”, escríbelle súa nai nas redes. Dende fai un ano, Naco, que ten agora 25 anos, recupérase moi lentamente das lesións físicas e psicolóxicas que cambiaron a súa vida. Xa se someteu a unha operación e pouco a pouco vai recuperando a visión dun dos seus ollos.

“Síntome impoñente de non poder facer máis, de sacarte dese burato sen fondo no que te meteron e no que peleas contigo mesmo por saír del”, confesa a nai. Pero o caso de Samuel Luiz, a quen asasinaron cunha brutal paliza, foi unha luz para a familia para animarse a denunciar públicamente o sucedido e buscar apoio social. Naco leva un ano esperando por xustiza mentres sabe que os seus agresores “gozan da vida sen prexuízos nin remordementos”, como apunta a nai.

Coa concentración organizada, non só queren pedir xustiza para Naco, senón que tamén queren denunciar o acontecido e que casos como o de Naco e Samuel non se repitan.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...