InicioSucesosA Policía portuguesa pide 2.800 euros a un veleiro galego por refuxiarse...

A Policía portuguesa pide 2.800 euros a un veleiro galego por refuxiarse do temporal no porto de Figueira da Foz

Agora agardan unha reunión para solucionar o acontecido mentres permanecen retenidos.

PUBLICADO O

Os galegos Javier Montenegro e Iván Arijón permanecen ‘atrapados’ no porto de Figueira da Foz, en Portugal, tras achegarse co seu veleiro no día de onte xoves por precaución, ao mesturarse a emerxencia do temporal, a indisposición de Montenegro e a rotura dunha roda do timón. Agora Portugal esixe o pago dunha multa de miles de euros.

Un dos afectados, o nigranense Iván Arijón, asegura que “cando saímos non había temporal e cando chegamos ao porto non comezara todavía, así que non se comprende a actuación do porto de Figueira da Foz”.

“Nin sequera pensabamos en entrar nese porto ata que se averiou unha das rodas do timón e decidimos entrar por seguridade nosa, a do veleiro e a das persoas que previsiblemente nos terían que rescatar se se averiara a outra roda de timón e nos quedamos sen goberno, así que non fixemos nada malo, tendéronnos unha trampa para recadar”, denuncia.

A Policía marítima, ao chegar este xoves ao porto portugués, informoulles de que debían pagar 1.100 euros de multa se non recurrían, “para olvidarse do tema”, ou de 2.800 no caso de facelo, e se non non lles deixarán saír do país. Agora agardan, coa axuda do consulado, arranxar a situación.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...