InicioSucesosDetido o dono dun bar de Gondomar tras incautarlle máis dun quilo...

Detido o dono dun bar de Gondomar tras incautarlle máis dun quilo de estupefacientes

PUBLICADO O

A Garda Civil detivo este fin de semana ao xerente dun bar de Gondomar ao incautarlle algo máis dun quilo de estupefacientes no transcurso dunha inspección que se realizou no establecemento.

No marco dun dispositivo especial de seguridade cidadá, que forma parte do plan de resposta policial á venda e consumo de drogas en zonas de lecer, deseñado pola Secretaría de Estado e Seguridade, durante a madrugada do pasado venres a Garda Civil realizou dúas inspeccións en bares da localidade de Gondomar.

Nun dos locais, a Garda Civil localizou un envoltorio con preto dun quilo de hachís e 70 euros en metálico, escondidos detrás da máquina rexistradora. Noutra dependencia do bar atopáronse pequenas cantidades de cocaína e varias bolsas de plástico, recortadas e dispostas para o empaquetado e distribución dos estupefacientes.

A Garda Civil concluíu a inspección do establecemento coa detención do seu responsable, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes.
Tres horas despois, sobre as catro da madrugada, o dispositivo requiriu ao propietario doutro local logo de observar como os clientes entraban e saían do bar con total normalidade, pese a que aparentaba estar pechado ao público.

No interior do bar a Garda Civil identificou aos clientes que se atopaban fumando tabaco e consumindo estupefacientes. En total formuláronse 35 denuncias administrativas por distintos conceptos relacionados coa seguridade cidadá e o consumo de drogas en establecementos públicos e lugares de lecer.

O dono do bar detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Tui que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...