InicioSucesosLocalizan grazas a un espello roto ao condutor que se dera á...

Localizan grazas a un espello roto ao condutor que se dera á fuga tras un atropelo en Nigrán

O home, de 42 anos, ten antecedentes relacionados coa seguridade viaria.

PUBLICADO O

A Garda Civil localizou ao condutor dun vehículo que se deu á fuga despois de atropelar a un peón en Nigrán. Trátase dun veciño do mesmo municipio, que foi investigado penalmente por un suposto delito de lesións.

A investigación levada a cabo polo Grupo de Investigación e Análise do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra (GIAT) iniciouse por mor dun accidente de circulación que ocorreu ás 05:40 horas da madrugada do pasado día 12 na Ramallosa (Nigrán), no que resultou ferido un peón ao ser atropelado por un condutor que se deu á fuga.

As pescudas realizadas polo GIAT cos restos do espello retrovisor que se atopou no lugar do accidente permitiron localizar ao vehículo, ao día seguinte, cando estaba estacionado nas inmediacións do posto de traballo do suposto autor en Gondomar.

A través as investigacións púidose concretar que o turismo o conducía un veciño de Nigrán, de 42 anos, con antecedentes relacionados a seguridade viaria, que tratou de xustificar o seu comportamento alegando que non se decatou do atropelo.Ga

As dilixencias instruídas por un presunto delito de lesións foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Vigo, onde deberá comparecer a persoa investigada cando sexa citada.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...