InicioSucesosAtopan o corpo sen vida dunha persoa no río Guillade, en Baiona

Atopan o corpo sen vida dunha persoa no río Guillade, en Baiona

A vítima saíu da estrada cando circulaba coa súa moto e caeu ao río.

PUBLICADO O

Efectivos de emerxencias recuperaron na mañá deste domingo o cadáver dunha persoa que caeu ao río tras sufrir un accidente de moto en Baiona.

Segundo a información do 112 Galicia, a chamada de alerta indicaba que unha persoa saíuse do camiño coa moto coa que circulaba e caera ao río Guillade, no Barrio do Caeiro (En Sabarís, Baiona).

Ata a zona, pasadas as 11,00 horas da mañá, desprazáronse efectivos do GES de Val Miñor, a Garda Civil e a Policía Local, que recuperaron o cadáver da vítima á altura do municipio de Sabarís.

TEMPORAL EN GALICIA

As condicións en que se atopaba o río por mor do temporal dificultaron que a persoa puidese saír polo seu propio pé. Durante toda a fin de semana, os refachos de vento alcanzaron os 140 quilómetros por hora en numerosas localidades e as incidencias espalláronse por toda Galicia.

O pasado xoves esta cicloxénese explosiva cobrouse a primeira vida en Santiago de Compostela, cando un home quedou atrapado debaixo dun muro derrubado polo vento no Parque de Santo Domingos de Bonaval.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...