Gran regata este sábado en Baiona para celebrar o 525 Aniversario da arribada

A pequena vila mariñeira foi primeira en coñecer a nova da descuberta de América.

Última edición do Trofeo Príncipe de Asturias / Lalo R Villar

O Monte Real Club de Iates reúne esta fin de semana en Baiona a grandes figuras da vela para conmemorar a arribada da Pinta, nunha regata 525 Aniversario que organiza en colaboración co Concello.

Esta vila mariñeira foi a primeira do vello mundo en recibir a noticia da descuberta de América. A arribada de Pinzón a Baiona a bordo da caravela Pinta en 1943 convértese en escusa para reunir a regatistas históricos en competición.

Na mar / Lalo R. Villar

Será da partida un histórico deste deporte: o olímpico Jane Abascal, unho dos primeiros españois en acadar o ouro nunhas olimpiadas (Moscú, 1980). Tamén estarán o galego Pedro Campos, o único regatista que logrou cinco campionatos do mundo consecutivos, o vigués Javier de la Gándara, co récord de velocidade na Volta ao Mundo de 1989 e a súa vitoria na Volta a Europa, ou o tamén vigués Miguel Lago, varias veces campión mundial, que chegou a cruzar o Atlántico en 11 días, 7 horas, 38 minutos e 40 segundos entre Palos de la Frontera e San Salvador.

Javier de la Gándara, a bordo do Aída / Rosana Calvo

Tamén en liza Íñigo Echenique, a bordo do Caprice, barco restaurado despois de que o atopasen abandonado nun galiñeiro, César Elizaga, cun barco de 1929, dos máis antigos da flota, e Mauricio Sánchez-Bella.

As probas da Regata 525 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta comezarán este sábado ás doce e media na badía de Baiona e, gracias á proximidade á costa do campo de regatas, poderán ser divisadas desde os arenales e montes máis próximos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here