InicioSociedadeChega a Baiona o Blue Atlantic Forum, para reflexionar e analizar os...

Chega a Baiona o Blue Atlantic Forum, para reflexionar e analizar os tres sectores clave de Galicia

O foro está aberto e a inscrición para seguilo tanto presencialmente como online é gratuíta

PUBLICADO O

O Parador de Baiona acollerá dende este mércores ata o vindeiro venres a segunda edición do BLUE ATLANTIC FORUM, organizado polo Concello de Baiona. Serán tres días de reflexión e análise centrados en tres sectores de vital importancia na economía azul e claves para o desenvolvemento sostible de Galicia: a pesca e a acuicultura, a biotecnoloxía mariña e o turismo costeiro. Ducias de profesionais e expertos de toda Galicia e tamén doutras zonas costeiras como Canarias, Cataluña, País Vasco, Baleares ou Murcia e mesmo doutros países como Portugal ou Chile reúnense en Baiona neste foro de debate e posta en común sobre as oportunidades arredor da economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea.

Este mércores as xornadas arrancarán coa inauguración do foro. Na primeira xornada do foro analizarase a sustentabilidade e o futuro do sector da pesca, con especial atención na pesca artesanal. A certificación do peixe para reforzar a súa calidade e as posibilidades de financiamento de proxectos pesqueiros neste marco tamén se tratarán neste encontro no que participarán produtores e representantes de organizacións do sector.

O foro está aberto e a inscrición para seguilo tanto presencialmente como online é gratuíta para os interesados, que poden inscribirse a través de Ataquilla, xa que as prazas para acudir ao Parador son limitadas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...