InicioVal MiñorBaionaChamamento urxente para atopar a Roberto, desaparecido en Nigrán

Chamamento urxente para atopar a Roberto, desaparecido en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Actualización 13:50: Segundo Protección Civil do Val Miñor, as forzas e corpos de seguridade suspenden a búsqueda de Roberto logo de que unha testigo sinalase atopalo na Avenida Castelao en Vigo, estando alí por vontade propia, que pese a ter unha minusvalía non está incapacitado legalmente polo que non poden obrigalo a regresar ao seu domicilio.

Os familiares negaron a situación é responden en redes sociais que manteñen a súa busca.

“Segue desaparecido, miña prima que é irman del foi á policía e o que din de que foi localizado é mentira, tampouco falou cun familiar directo. E tamen é mentira que a chica que di que o viu … POR FAVOR COMPARTIDE SEGUE DESAPARECIDO

Manifestaron estar preocupados porque é posible que se atope desorientado xa que padece unha depresión e precisa medicación.

Os servizos de emerxencia buscan a Francisco Roberto Vilas Rodríguez de 37 años.

Segundo infoma Protección Civil Val Miñor, no día de onte localizaron a súa bicicleta no Centro Comercial de Ramallosa ás 15.00h, hora dende a cal non teñen noticia do seu paradeiro.

Vestía no momento da súa desaparición unha camiseta azul e pantalón negro.

Se alguén o ve pode dar aviso ao 112.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...