InicioVal MiñorBaionaO caso Villa Rosa volve a xuizo para determinar se existiu un...

O caso Villa Rosa volve a xuizo para determinar se existiu un delito falisficación documental na licencia

O xuizo tentará esclarecer se existe delito de falsificación documental dun informe acústico que supuxo o otourgamento da licencia de actividade da discoteca.

PUBLICADO O

Estas semana terá lugar en Vigo outro xuizo dunha das querelas do xa coñecido como caso Villa Rosa en Baiona.

A causa segue aberta logo de 7 anos de litixio entre uns veciños, afectados polo incumprimento da ordenanza municipal contra o ruido, e a empresa propiedade da familia da que fora concelleira de urbanismo, Ana Simóns , durante o mandato do ex-alcalde e ex-conselleiro Jesús Vázquez Almuiña (PP).

A querela en curso xira en torno a un posible delito de estafa procesual, falso testemuño e falsidade contra Villa Rosa Bayona S.L. os seus administradores e contra a empresa de enxeñería encargada de certificar as medicións de acústica do local que deron pé a dar como boas as reformas realizadas no local, levantar o precinto municipal e reanudar a súa actividade da discoteca.

Devanditos informes foron falsificados segundo recoñeceu en sede xudicial o ex-socio da empresa de enxeñería, nun cruzamento de acusacións que quedou sen esclarecer.

O xuiz e o ministerio fiscal desestimaron inicialmente a querela, ao considerar que non existiu delito penal na falsificación dos documentos, se non unha falta administrativa que en todo caso xa prescribiría.

Unha postura que non foi aceptada pola Audiencia Provincial logo de ser recurrida a sentenza por parte dos demandantes, e que solicitou que se investigase a causa por si dita falsificación documental poidese derivar nun delito máis grave de estafa procesual, xa que o documento técnico en cuestión foi o que permitiu que a discoteca obtivese a licencia municipal e por tanto a súa reapertura.

Unha licencia que xogou a favor da empresa noutro xuizo onde a discoteca fora demandada por incumprimento da ordenanza de ruído, e por contar cunha actividade no exterior que non estaba regulada (a discoteca só contaba con licencia para ter actividade no do propio local).

Esta querela tenta esclarecer por tanto se existiu ou non un delito por falsificación documental e se ese delito vai sumado a un posible delito de estafa procesual, dado que neste caso este último si que non estaría prescrito segundo defenden os demandates.

Estes veciños aportaron nesta querela un documento do Instituto de Metroloxía de Galicia paralizado durante dou anos (posterior ao fallo que recoñecía a existencia de licencia municipal) e indicaba que as empresas certificadoras non estaban homologadas pola Xunta, así como que os aparellos de medición non estaban homologados (revisados) e mesmo que existían indicios de que puideran ser manipulados, polo que o certificado que facilitou a legalización da discoteca eran papel mollado.

Por outra banda o Xulgado de instrución número 4 de Vigo decretaba en maio de 2020 a apertura de xuízo oral por vía penal contra os administradores da discoteca Villa Rosa situada en Baiona, por presuntos delitos contra o Medio ambiente, lesións e desobediencia.

A fiscalía solicita para os administradores de Villa Rosa Bayona S.L, pai e irmán respectivamente da que naquel momento era a concelleira de urbanismo do Concello de Baiona, Ana Simóns: 4 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito a sufraxio pasivo, 2 anos e 4 meses de multa con cota diaria de 100€, con responsabilidade persoal subsidiaria de 1 día de privación de liberdade por cada 2 cotas non satisfeitas e 4 anos de inhabilitación especial para profesión ou oficio relacionado con negocios de hostalería. 2 anos de multa cunha cota diaria de 500 euros e clausura definitiva do local de lecer nocturno Villa Rosa. Así como a imposición dunha indemnización por responsabilidade civil de 5€ por día, durante 180 días, e  30.000€ a cada un polos danos de lesións e prexuízos morais provocados aos denunciantes.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...