Nigrán inicia a súa festa da cervexa mentras Gondomar apraza o seu ocio por precaución

O alcalde de Nigrán e os fundadores da cervexera local Trisk-Ale | Foto Concello de Nigrán
O alcalde de Nigrán e os fundadores da cervexera local Trisk-Ale | Foto Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán iniciou onte a IV edición do ValMiñor Fest, a súa particular festa da cervexa artesá pensada, segundo o concello, para un público familiar, contando con cos postos de comida ambulante para acompañar a degustación de cervexa artesá así como concertos de grupos locais todos los días ás 22:00 horas.
Pasarán pola alameda de San Campio Swind du Monde (venres), Los Chili Compadres (Sábado) e Blue Monk (domingo).

Nesta ocasión, este evento organizado polo Concello de Nigrán, a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e cervexeira Trisk- Ale será en formato reducido por cuestións de seguridade sanitaria, con aforo limitado, desinfección de mans e control de temperatura aos asistentes e mesas distanciadas, lembrando a organización a obrigatoriedade de empregar máscara.

O obxectivo “es promocionar el consumo de este producto artesano en unos momentos muy difíciles para el sector por culpa de la crisis sanitaria, por lo que más que nunca necesitamos del apoyo de nuestros consumidores habituales” asegura Esteban Loureiro, portavoz da asociación de cervexeiros.

Nigrán presume de cervexa con etiqueta propia

«Queremos promover Nigrán como o que é, un lugar onde podemos presumir de equilibrio natural, e consideramos que un dos xeitos de facelo é a través precisamente da cervexa elaborada polos irmás Toledano, veciños de Patos. Agora Nigrán tamén ten o seu propio sabor», resume o alcalde, Juan González.

«Estamos moi satisfeitos co resultado final porque consideramos que a elaboración resume o que é Nigrán desde o punto de vista paisaxístico, un municipio onde non hai que elixir entre praia ou montaña para gozar da natureza; e tamén porque contén o carácter dunha localidade hospitalaria onde ninguén se sinte de fora nin queda excluído», inciden Andrés e Roberto Toledano, quen están a traballar xa en remesas da cervexa ante o éxito que está a colleitar.

Gondomar apraza o seu ocio en agosto

En contraposición a este ambiente festivo de Nigrán, o concello veciño de Gondomar apraza a súa axenda cultural durante o mes de agosto como medida de prevención ante os rebrotes por COVID19 en Galicia e na comarca do Val Miñor.

“Preferimos previr e poñer os medios que sexan necesarios para non correr riscos ante as cifras que se están rexistrando no noso país”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

En total estarán afectadas seis actividades previstas para os dous últimos fins de semana, ás que se suman as tres aprazadas fai sete días tras confirmar fontes sanitarias un brote de covid19 no municipio.

O programa “Cultura de verán” incluía a celebración de concertos, cinema na rúa e espectáculos familiares cun claro apoio aos artistas e grupos locais “porque eramos conscientes de que a cultura é un sector que non podiamos deixar atrás tras o confinamento”, manifestou o rexedor, quen fixo fincapé en que “en todo momento durante o desenvolvemento das actuacións cumpríronse de xeito estrito e rigoroso as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e de distanciamento interpersoal que estamos obrigados a cumprir”.

Baiona tamén apraza a súa programación da semán, pero neste caso por cuestións meteorolóxicas ante a previsión de choivas que impedirían os actos ao aire libre.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here