InicioVal MiñorBaionaA fiscalía solicita 4 anos de prisión e preto de 500.000€ de...

A fiscalía solicita 4 anos de prisión e preto de 500.000€ de multa para os donos de Villa Rosa

PUBLICADO O

O Xulgado de instrución número 4 de Vigo decretou o pasado mes de maio a apertura de xuízo oral por vía penal contra os administradores da discoteca Villa Rosa situada en Baiona, por presuntos delitos contra o Medio ambiente, lesións e desobediencia.

A fiscalía solicita para os administradores de Villa Rosa Bayona S.L, pai e irmán respectivamente da que naquel momento era a concelleira de urbanismo do Concello de Baiona, Ana Simóns: 4 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito a sufraxio pasivo, 2 anos e 4 meses de multa con cota diaria de 100€, con responsabilidade persoal subsidiaria de 1 día de privación de liberdade por cada 2 cotas non satisfeitas e 4 anos de inhabilitación especial para profesión ou oficio relacionado con negocios de hostalería. 2 anos de multa cunha cota diaria de 500 euros e clausura definitiva do local de lecer nocturno Villa Rosa. Así como a imposición dunha indemnización por responsabilidade civil de 5€ por día, durante 180 días, e  30.000€ a cada un polos danos de lesións e prexuízos morais provocados aos denunciantes.

Deste xeito, o Ministerio Fiscal adhírese á denuncia inicial duns veciños de Baiona contra o devandito local nocturno a causa do incumprimento dos límites de ruido nocturno, a falta de licenza de actividade nas terrazas, o exceso de aforo, e o incumprimento de horario de actividade…, unha causa penal que remóntase á alcaldía de Jesús Vázquez Almuiña, agora conselleiro de  Sanidade da Xunta de Galicia, que desde 2014 ata 2017 non tomaron as medidas suficientes para controlar a actividade da discoteca a pesar das numerosas denuncias en informes que pesaban sobre ela por estes motivos . As veces nas que o concello actuou, foron en parte obrigadas por sentenza xudicial logo de que o concello fose denunciado por non actuar en consecuencia.

Solicitude de imputación ao conselleiro de Sanidade por un presunto delito de inacción como alcalde de Baiona.
Unha inacción que o xulgado núm.2 do contencioso-administrativo recoñeceu en sentenza o 30 de outubro de 2017 no seu auto que decretaba o peche da discoteca “Non é obxecto de controversia que o Concello de Baiona non incoou expediente sancionador” afirmaba a sentenza.

A solicitude de imputación contra o ex-alcalde atópase recorrida perante o Tribunal Constitucional logo de que o mesmo Xulgado de Instrución e a Audiencia Provincial pecharon o procedemento, en contra mesmo das súas propias resolucións previas feitas en base aos mesmos feitos e probas denunciadas que incidían en que sí podería existir unha responsabilidade e debía de investigarse.

Presunto delito de estafa procesual
Outra parte separada deste caso terminou nunha querela en curso por estafa procesual, falso testemuño e falsidade contra Villa Rosa Bayona S.L. os seus administradores e contra as empresas de enxeñería encargadas de certificar as medicións de acústica do local que deron pé a dar como boas as reformas realizadas no local, levantar o precinto municipal e reanudar a súa actividade. Devanditos informes foron falsificados segundo recoñeceron en sede xudicial a propia empresa cun cruzamento de acusacións entres os seus responsables sobre quen asinou e falsificou a sinatura de ditos informes,  e que está pendente de esclarecer. Doutra banda o Instituto de Metroloxía de Galicia indica que as empresas  certificadoras non estaban homologadas pola Xunta, que os aparellos de medición non estaban homologados e mesmo existen indicios de que puideron ser manipulados, polo que o certificado que facilitou a legalización da discoteca é falso, e a licenza outorgada co mesmo resulta non válida.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...