InicioVal MiñorBaionaA Xunta normaliza que unha escola infantil leve 10 anos impartindo clases...

A Xunta normaliza que unha escola infantil leve 10 anos impartindo clases nun pasillo por falta de espazo

O centro afronta a volta do curso escolar con preocupación ante a imposibilidade de cumplir calquera protocolo COVID

PUBLICADO O

A Escola Infantil O Areal está situada na parroquia de Sabarís, no municipio de Baiona. A situación xeográfica do centro atópase nun enclave privilexiado, lindando ao norte coa praia da Ladeira e a Foz do Miñor (Lugar de Interese Comunitario e Red Natura 2000) o que permite que os cativos poidan desenvolver actividades ligadas a este enclave único do Val Miñor a escasos metros de distancia do centro.

Nesta escola infantil impártense docencia a nenas e nenos de entre 3 e 5 anos repartidos nas únicas tres aulas que dispón o centro. Algúns dos cursos actuais rozan o cupo máximo de 25 alumnos por aula. Unha situación totalmente atípica e única deste centro escolar xa que a media de alumnado do resto de centros infantís da comarca do Val Miñor non supera o cupo de 12 alumnos por aula.

A Dirección do Centro, ante esta situación de falta de espazo, viuse na obriga de habilitar o pasillo recibidor da entrada como aula, para poder cubrir deste xeito a carencia de espazo. Usan esta entrada como ximnasio, salón de actos, recepción, roupeiro, … e mesmo como biblioteca.

A súa é xa unha reivindicación histórica e de varias xeneracións que pasaron por este centro do municipio de Baiona. Levan 10 anos solicitando á Xunta a construcción dunha Aula Polivalente anexa, que lles permitise o desenvolvemento normal da súa actividade docente.

O centro tampouco conta con patio cuberto para que os cativos poidan sair ao recreo os días de choiva de inverno, non podendo desfrutar dos tan ansiados e necesarios “recreos”. Este último curso, acordaron que cada familia mercase unha ropa de augas para os cativos para que así poidesen sair un rato ao patio durante o inverno e desfrutar así duns minutos de descanso da actividade escolar diaria.

Sinalan sentirse traizoados

Ata este momento, a única resposta recibida pola Xunta, en boca do Xefe Territorial César Augusto Pérez Ares, foron promesas de solución inmediata destas deficiencias, pero sen chegar a bo porto ningunha delas”, sinalan desde o ANPA, que lembra ademais que no ano 2019 foi o propio Xefe Territorial o que se comprometeu públicamente a que a Xunta financiaría o 100% da construción para o ano 2020.

O xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Augusto Pérez Ares, ex deputado provincial do PP polo Baixo Miño, tomou en xullo de 2009 posesión como Xefe Territorial de Educación.

Despois de tantos anos, sen que se puxese solución ao problema, presentaron como última opción unha queixa ante o Defensor do Pobo, que con data de 08/01/2020 traslada á Xunta a “necesidade de acometer a construción da aula polivalente, dada a falta de espazo para impartir determinadas clases, pois só así, pode garantirse a prestación do servizo educativo en condicións de calidade e igualdade e satisfacer o dereito constitucional á educación na etapa de Educación Infantil”.

Sen posibildiade de aplicar protocolos COVID

Logo de tres meses de pandemia a Consellería de Eudación non foi quen de establecer unha guía/protocolo básico para os centros escolares en Galicia. De feito algúns centros escolares están organizándose pola súa conta para establecer uns protocolos de seguridade que tentarán aplicar en setembro.

As críticas chéganlle ao executivo autonómico dende todas as frontes educativas. ANPAS, sindicatos, e colectivos escolares que solicitan a adopción urxente dun protocolo preciso sobre a volta ao cole para o próximo mes de setembro. Pese ás críticas, a Xunta de momento ponse de perfil con este tema, algo que desconcerta e xenera inquedanza tanto a pais e nais como ao persoal docente.

As escasas recomendacións lanzadas ata o momento son imposibles de cumplir neste centro educativo ainda que a Xunta lanzase en setembro algunha recomendación ou protocolo.

Non poden divir as aulas. Por falta de espazo e profesorado polo que non poderían cumplir a recomendación dun ratio máximo de 15 alumnos por aula.

Sen comedor. Os cativos da Escola Infantil o Areal que precisan de servizo de comedor escolar están suxeitos á dispoñibilidade de prazas que teñan no de CEP de Sabarís situado a 2 km. Este centro facilita as prazas de comedor restantes ao Areal. Deste xeito, preto de media ducia de cativos acuden diariamente en autobús ata o CEP de Sabarís onde nenos e nenas de todas as idades comparten un servizo de comedor, non financiado e xestionado polas respectivas ANPAS.

Isto implica que non poderían tampouco cumplir a recomendación de que os cativos compartan e interactuen sempre com mesmo círculo de amizades. Mezclando alumnado de dous centros distintos eengandindo un vector máis ante un posible brote de contaxios.

Situación discriminatoria respecto doutros centros

Desde a ANPA da Escola manifestan os innumerables intentos ao longo destes anos para que a Xunta puxese solución a tal grave problema. “O próximo curso a Escola terá unha ocupación de case o 100%.” Unha situación moi distitna á doutros colexios da zona onde tiveron que agrupar tres cursos de infantil nun só por falta de alumnado; e a pesar diso, é habitual nestes centros numerosos gastos e investimentos, tanto por parte do Concello como por parte da Xunta.

As nais e pais de O Areal séntense discriminados ante as recentes decisións da Xunta de investir noutros colexios, e con todo, non haxa diñeiro para que as súas fillas e fillos non teñan que recibir clase nun corredor, sinalan dende a ANPA.

O edificio da escola foi construido en 1938 e ten unha superficie de 310 m2 divididos en 3 aulas, recepción, baños, e un despacho. Non hai espazo nin para biblioteca, nin para aula de educación física nin para outras materias que os cativos teñen que realizar no propio pasillo recibidor.

A pacerla da escola, no centro da imaxe.

Con 2000 m2 de parcela o centro ten ocupado só dous terzos da súa área total. Un terzo da parcela ocupada polo edificio, e outro terzo ocupado por un patio amplo con mobiliario infantil, columpios, horto ecolóxico, invernadoiro, zona de compostaxe. O outro terzo do espazo restante está actualmente pechado e inutilizado onde antes había un eucaliptal (hoxe talado).

Desde a ANPA lanzan o ofrecemento á Xunta de Galicia de que “estarán encantados de abrir as portas este verán ás máquinas e persoal que envíen, “para a realización da aula polivalente, tal e como o Xefe Territorial César Augusto Pérez Ares prometera”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...