InicioVal MiñorNigránO dispositivo de San Xoán en Nigrán sáldase coa clausura dunha macrofesta...

O dispositivo de San Xoán en Nigrán sáldase coa clausura dunha macrofesta privada convocada por internet

PUBLICADO O

O Concello de Nigrán procedeu a primeira hora da mañá a desprecintar os areais do municipio para permitir o paso de persoas despois de que estivesen pechados desde as 21:00 horas para previr calqueira concentración de San Xoan (o desaloxo non foi preciso ante o aviso por megafonía de que se pecharían as praias ás 21:00 horas e a entrada de intensa néboa).

Durante toda a noite, un dispositivo composto por 30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil, unha patrulla do Servizo Marítimo e outra do Seprona controlaron que non se producía ningunha celebración nos areais e non se rexistrou ningún tipo de incidentes, destacando que ante a prohibición xa anunciada hai semanas de realizar fogueiras xa non se presentou xente.

A única actuación da Policía Local e Guardia Civil foron para clausurar a convocatoria dunha festa privada a primeira hora da noite nunha casa particular.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...